PREDIF Galicia (Plataforma Representativa Estatal de Persoas con Discapacidade Física de Galicia) é unha organización sen ánimo de lucro, delegada en Galicia da Confederación PREDIF Nacional dende o ano 2000, conformada por tres importantes asociacións no territorio de Galicia: ASPAYM Galicia, AUXILIA Lugo e SODINAUTICA. Entre os seus obxectivos podemos destacar o promover e fomentar a igualdade de oportunidades e mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade. Todo isto a través do desenvolvemento de programas e actuacións concretas no ámbito do ocio, a cultura, o turismo e a asistencia persoal, sectores nos que PREDIF é referente.
PREDIF Galicia traballa de cara a mellorar a accesibilidade en tódolos ámbitos da vida das persoas con discapacidade, pero tamén queremos promocionar Galicia como un Destino Turístico Accesible, promovendo o Deseño para Todos e a filosofía de Vida Independente, para contribuir a construir unha sociedade inclusiva.
Últimas Novas
Nova xornada de sensibilización de Asistencia Persoal organizada por PREDIF e PREDIF Galicia.
Celebrarase o vindeiro 9 de outubro no Centro de Promoción [ ... ]
NovasLeer máis...
PREDIF Galicia, xunto coa compañía de teatro Grupo Chévere, vai a realizar unha función de teatro accesible para todas as persoas, coa obra “EROSKI [ ... ]
NovasLeer máis...
A Coruña, 13 de outubro de 2017.- PREDIF Galicia (Plataforma Representativa Estatal de persoas con Discapacidade Física de Galicia) ofrecerá unha sesión [ ... ]
NovasLeer máis...